25 de novembro de 2005

reinvención

eu non pinto os labios... [os ollos si porque os meus falan máis que a boca...] non uso tacóns... e apagar os mistos axitándoos non é feminino...
á noite... ata o ruido dos coches parece música... cando por fin me quedo soa e vivo nunha película permanente...
gustaríame que a miña vida tivese b.s.O... e que tódalas frases e os escenarios fosen de cine [pero reais e sen guionistas]
laranxa aMélie... [ou verde último anuncio de lerOy melin]
a miña habitación non ten sentido onde está... e non é hermética...
gústame fumar cando tomo café... e gústame tomar café porque me fai escribir...
quero verte...
as cousas cando se explican perden todo o sentido...

5 de novembro de 2005

promesas que no valen nada

non quero seguir lamentándome... tensa... inerte... na cama... quero ser triste e activa... [gracias su ;b]... quero correr e berrar e chorar... e botarme a rir a gargalladas... e fumar porros de marihuana... e cigarros mentres tomo cervexa ou vexo unha película... e transportarme a outra dimensión escoitando música... e levantarme tódolos días ás 7:30 e deitarme ás 3:00... e coñecer xente... e soñar... e pensar que pode ser de verdade... e facer promesas que se perderán en estas cuatro paredes... e non ter medo de nada...

3 de novembro de 2005

canciones para el tiempo y la distancia

onte [re]namoreime da voz de iván ferreiro... había veces que estaba eu soa alí... no medio... berrando[che] cancións sen que ninguén pensase que estaba tOla... balanceándome nunha nube de fume que me elevaba do chan... sentía as vibracións da batería no peito... e o corazón saíame pola boca... e berraba e berraba e berraba que eres espectáculo y tú ni siquiera lo llegas a notar...