30 de dezembro de 2005

noites de inverno

eu tamén quería
ser así...
e amarnos só
cando esteamos sós...
e non nos miren.
deixeiche
un bico
na botella do kalimotxo
pero
non estabas.








***non vexo nada e maréome... uf!

29 de dezembro de 2005

ionquis e duendes con alas

ti non pareces un ionqui... pero érelo... á miña maneira...
tampouco tés o nariz aguileño coma unha bruxa perversa e fraca... (pero gústasme)
eu sempre quixen ser un duende con alas violetas e pantalóns de raias verdes e negras... e coas orellas picudas...
por iso me gusta el... porque ten o nariz grande... e as súas ás son negras... e porque non me vai querer nunca...
el si que parece un ionqui... porque o é... á nosa maneira...

26 de dezembro de 2005

algún día

...terei unha filla.
...usarei zapatos de tacón.
...publicarei un libro.
...farasme unha canción. (como eu che escribo poemas)
...comprarei un sofá vermello
...farei un xardín no meu balcón.
...comerei polo con patacas asadas.
...vestirei unha obra de teatro.
...choverá cando eu estea na praia. (abrigada)
...perdereime.

penúltimas noites

para min tódalas noites son a penúltima... sei que me queda alomenos unha... pero nunca sei cal é a derradeira... teño medo... pero ó final o único que nos queda é morrer*... e antes... eu quero disfrutar... pero non podo... non me deixan... desespérome... fago o que debo... pero non o que quero... e choro de rabia...
hoxe doéronme as túas palabras... coma cuchilos no peito... pequenos alfileres que se quedan aí... que non me deixan rirme a esgalla cando estou tan cerca de ti... necesítote... pero non así... lonxe... lonxe... lexísimos... e eu cunha vida... quero unha vida... e tocar as campanas... e bañarme no río pola noite... e ver as estrellas... e acampar no medio do monte... e durmir... pero quero unha vida... aínda que non me deixe facer...

b.s.O.: Piratas - Muertos. (que puedo estar dentro de ti, puedo estar cansado y comprarme un traje roto como el sueño de un tarado que bastante maltratado ya no sabe si vestirse o si rendirse...)

23 de dezembro de 2005

22 de dezembro de 2005

nun segundo

onte abrín os ollos
cara dentro...
balanceábame...
e pensaba...
viñas e roubábasme...
secuestrábasme
para facerme libre...
e balancearnos xuntos
pegados
e tolos
[de todo]

18 de dezembro de 2005

fernando pessoa

Não, não é cansaço...
É uma quantidade de desilusão
Que se me entranha na espécie de pensar,
E um domingo às avessas
Do sentimento,
Um feriado passado no abismo...
Não, cansaço não é...
É eu estar existindo
E também o mundo,
Com tudo aquilo que contém,
Como tudo aquilo que nele se desdobra
E afinal é a mesma coisa variada em cópias iguais.

Não. Cansaço por quê?
É uma sensação abstrata
Da vida concreta —
Qualquer coisa como um grito
Por dar,
Qualquer coisa como uma angústia
Por sofrer,
Ou por sofrer completamente,
Ou por sofrer como...
Sim, ou por sofrer como...
Isso mesmo, como...

Como quê?...
Se soubesse, não haveria em mim este falso cansaço.

(Ai, cegos que cantam na rua,
Que formidável realejo
Que é a guitarra de um, e a viola do outro, e a voz dela!)

Porque oiço, vejo.
Confesso: é cansaço!...
Fernando Pessoa.

[estaba buscando o poema dos símbolos... e atopeino... aquí, por se queredes ler algo máis... que merece a pena... descubrir a Pessoa cambiou a miña forma de escribir poesía...]

16 de dezembro de 2005

sorpresa!

menos mal que son unha nostálxica... e me gusta ler o que escribín fai tempo... gracias a iso descubrín isto...

a tolemia é un sombreiro... [2, creo...]

ollo ós comentarios... ;b non vexades o que me subiu a moral... :)




[merda... está soando stand by me...]

14 de dezembro de 2005

as mañás

son horribles as mañás...
todo acaba pola mañá...
esváese o velo que me cubre polas noites...
os bancos só abren polas mañás...
todo o mundo ten présa polas mañás...
as clases son polas mañás...
hai luz polas mañás...
non me saúdas polas mañás...
os soños espertan polas mañás...
eu parezo forte polas mañás...





e as estrelas só se ven polas noites...



[nOta: por iso eu procuro durmir polas mañás... porque la noche debilita los corazones]

11 de dezembro de 2005

dende o tren



viaxar neste tren é marabilloso...
sobre todo cando non teño sono...
e podo soñar contigo por esas
corredoiras embruxadas...
non podo con tanto tempo...

7 de dezembro de 2005

galiza libre

pintáchesme unha Galiza
libre...
co meu nome...
e eu non souben collela.
só faltamos nós
pero tés que saber
que eu
tampouco son boa
todo o tempo...
[se hoxe
me comeses a boca
saberíache a marihuana...
e non deixarías
de bicarme...
...nunca]

3 de dezembro de 2005

complicacións

agora non... pero antes si que tivo sentido... cando a luz me daba na cara... eu vivía na cela laranxa dunha colmea... e a miña veciña tiña o pelo azul como marGe... non sei se cheguei a quedar durmida... só sei que estaba pensando e de pronto sentín que viaxaba... non me gustou... pero sentín que tiña algo máis que descubrir... non ten ningún sentido... pero era un pensamento profundo... e falaba de min...
non a desfrutei... porque estaba preocupada... teño medo... pero quero facer teatro... sempre quixen...
non sei por qué se me está acordando tanto ultimamente...
gústame facer teatro e escribir!
e quero saber utiliza-los símbolos... porque tudo e símbolo... [ou algo parecido dicía Pessoa...]
son tan complicadas as cousas?... ou complícoas eu?