14 de fevereiro de 2006

nun minuto

quero berrar!
e largarme deiquí... para sempre!
quero vivir nun pueblo pequeno
ó lado do mar...
na costa da mOrte... (sempre me gustou o nome...)
e bailar na praia
as noites de lúa chea...
contigo.
hoxe non sinto máis que rabia...
rabia pola impotencia de non poder cambiar as cousas que non dou entendido...
tódalas inxustizas...
estou triste e chea de rabia...
qué mala combinación...

8 de fevereiro de 2006

exactamente, non sei a que vén isto...

o mar...
esa parte do río que non se ve dende ningún sitio...
un fin de semana no meu piso de vigo...
o teu coche...
o chapacuña2...
as miñas cariocas...
ir a ver las estrellas...
o sol de inverno...
o piso do dieguito en monforte...
(unha tarde de resaca contigo)
compostela...
ver chover... (oír, ulir...)
os meus ollos...
xogar ó xadrez... (silencio, por favor...)
fumar porros...
o vento...
o lápis do carpinteiro...
un duende (a risa de demo escapado...)
amelie...
...y yo loquito por comerte*




*b.s.O.: muchachito bombo infierno - libre

7 de fevereiro de 2006

si?

eu quería que me chovese encima... deitada nun lameiro...
e vou durmir entre mil mantas e sabas de franela...
cando chove... o verde é máis verde... e a terra mollada éncheme o nariz do meu olor favorito...
parece mentira... pero pásame... pásame o tempo máis deprésa...
buscarei... pero non che prometo nada...
non sexa que me pase o mesmo ca ti.

3 de fevereiro de 2006

verde

q guapa estás.
de verde.
é unha debilidade.
e chiscáchesme un ollo.
eu son unha nena
que cala
e escoita.
atontada.
con vinte anos de menos.
dimo outra vez.
(el non te oe)
pegado á orella.