24 de abril de 2006

ai, maría la portuguesa

dous anos (e pico) despois viñeches. viñeches un segundo, só para ensinarte. só para recordarme que a perfección existe máis alá do sorriso torcido de Alberto San Juan en Airbag. viñeches. e tembláronme as pernas unha vez máis. incomprensible. e déchesme (costouche) dous bicos tan ben dados (sobre todo un) que por un momento pensei que se me despegaban os pés do suelo. case perdo o sentido diante de todos... sigo dicindo que a veces eu tamén teño os ollos verdes, pero agora as festas báilanse deitados na herba... e xa ninguén canta María la Portuguesa, desde Ayamonte hasta Faro...

23 de abril de 2006




devuélveme el amor que me arrebataste...
o entrégaselo, lo mismo me da, al abajo firmante
pues no hay en este mundo (aunque parezca absurdo)
ni en planetas por descubrir... lo que aquí te pido.

enrique bunbury. el rescate.



*adicado a Trinidás tiene triple personalidás ;b.

21 de abril de 2006

a min non se me olvida que queres ver feita unha revolución. estáte tranquilo.
temos unha tele nova que tén polo menos 15 anos e é panorámica, pero en serio... e ata ten mando a distancia, que iso si que me estrañou. ten unha estética perfecta. cando non se vexa, vouna levar a onde viva só de adorno... (antes non me deixa meu pai).
eu tamén me vou de viaxe. pero algo máis cerca. en tren. vou mirar a ver se, de paso, me salvan. aínda que podo estar condenada de por vida.
sei que merece a pena só por cómo sorrío estes días.

19 de abril de 2006

20 de abril

(mañá é 20 de abril...)
a canción que lle cantamos sempre ó meu anxo.
ó que me vai salvando.
que parece que leva un trébol nos ollos
cando me mira.
ese polo que me xogo a vida ás veces.
o que nunca está.

13 de abril de 2006

nada de nada

hoxe escribinche un poema. tiven q encerrarme para concentrarme. ainda que non me costa nada pensar en ti.

7 de abril de 2006

bla, bla, bla, bla, bla...

seguimos así...
bla, bla, bla...
e quédome pillada cando moves as mans
e te explicas..
non sei qué coño queres
nin qué pretendes facerme ver.
eu ríome... e digo sí...
coma ós tolos
(non... os tolos sempre teñen razón).
coma ós tontos.
ou non. cando me farto
digo non.
nOn! xa te convencerás...
e pós ollos de: bueno... ya veremos...
e eu levántome e vou ó baño.