29 de maio de 2006

miro fotos. de fai un mes. xusto. un mes. o tempo que me duraron os efectos narcotizantes. tal. estás guapísimo vestido de negro. e eu sufro de alucinacións constantes. o bo de pensar o que escribes é que o memorizas. e case é igual que se che borre nun click. non quero durmir. estou ben así. non quero que chegue mañá. danme medo os días. e eu. e ti. dámosme medo (esto non existe, pero debería). unha vez soñei que me elevaba no aire. era feliz. foi marabilloso.
o tempo pasa voando. e a min non me dá chegado o día.

28 de maio de 2006

necesito droga y amor

quería estar borracha. para que me saísen as palabras polos ollos. pero estou serena. serena e morta de calor. teño ganas de drogarme. e pirarme a pasear. un día de moito sol e moito aire. para queimarme sen darme conta. e despois estar morena. (jajajaja).
era todo mentira. en realidade sabíao, pero deime conta agora. xa non fai falta que me partan a boca. parei en seco. pero aínda non fixen inventario. (en realidade é porque non quero, quero seguir mentindo un pouco máis, para aliviarme, e porque tampouco estou segura de nada).
neste momento son todo contradición. necesito droga y amor.

27 de maio de 2006

non teño sentido

hoxe estou...
...tola.
...enfadada.
...triste.
...maniática.
...celosa.
...irracional.
...asocial.
...ansiosa.
...acalorada.
...asqueada.
...incomprensible.
...arrepentida.
...enamorada.
...chorona.
...contradictoria.
...desganada.
...escoitando: bunbury & pereza - Como lo tienes tú.
hoxe non estás
a centos de quilómetros...
estás a millóns de anos luz.

23 de maio de 2006

feliz e activa

levo os apuntes de lingüística (da saltarina) debaixo do brazo.
son as 9:50 da mañá. fai moito aire en Romero Donallo. e eu sorrío (sin poder crelo). ás 10:00 Carla sae de primeira. fumamos un cigarro. está totalmente cariocatizada (xD). non pode parar. nunca estudiara en serio na Conchi. a última vez tamén levaba os mesmos apuntes. ás 13:30, hora límite, imos tomar unha tapa e timbrámoslle a Maite. e á tarde á biblioteca de Enxeñería Química. algún capricho tamén hai que permitirllo. está ben. hai moita luz. son feliz aquí. e activa. non paro un minuto.
(e á noite volvemos... pero non teño esperanzas... dáme igual, eu estoume esforzando...)

21 de maio de 2006



eu: cariocas.
el: peixe.
ti: mariquitas.


b.s.O.: Eduardo Arbide - Lucía. (b.s.o. de nOviembre)

16 de maio de 2006

13 de maio de 2006

dous anos da miña vida



aquí estásn. 1º e 2º de bacharelato. contados tal e como eu os sentín. porque eran para nOélia. é raro. arrepíntome de non ter disfrutado máis de ti. co cerca que te tiña. e tampouco é arrepentimento. sorrío, porque xa se me vían as intencións... ai... e porque non podo parar, para qué negalo.

7 de maio de 2006

bailar...

pois xa somos dúas. iso mesmo lle digo a alicia. agora mesmiño. porque ela estivo en lisbOa. unha das cidades dos meus soños. eu en albacete. nunca me tivo ningunha gracia. echocai. a veces estás nos lugares onde menos o esperas. oh! viñarock! en directo... no puedo parar!
repítome: váiseche a olla. pero os borrachos e os pequenos nunca minten (ou eso din). o peor é cando recuperas a consciencia momentáneamente e te dás conta do que fas. a min dáme igual. non. por qué me minto? eu quería que estuveras borracho tódolos días. eu precisaba dous máis. para desfrutarte. para quedarme e bailar contigo. para xogar ó tetris. para contar estrelas. sei que sempre digo o mesmo. pero é o que pasa. é o que hai. e non me mintas ti. non me conxeles por dentro. non me fagas deshidratarme en lágrimas (by dane). non veñas se te vas. porque eu espero, pero non me gusta. non me queda outra. e non quero. eu si que non quero olvidar. para no olvidar, din los rodríguez. por eso. non me salvaches. pero estiveches a punto. de matarme. qué bonito soa! pero eu seino. que se che vai. que non te controlas. e a min encántame. eu domínome ata nos momentos de máxima. chega un en que me dán a unha chave e calo. non falo. te pierdo en mis silencios. crucificádeme, pero non o podo evitar. non quero. non me avergonzo de min. gústame a nova canción de la oreja de van gogh. e refúxiome na idea de que empezaron como un grupo indie. que tampouco é que me gusten. pero é xenial ser alternativo.
e falando de perfección... (en posts anteriores). eu xa non me minto. pero está ben ter mitos. polo menos para que che alegren as noites de s. teleco. en dez minutos. xa chega. orella a orella. percorridos por churruca e eu que me quedei xorda. teño unha pila de películas para ver. adoro o cine, pero aínda non son friki.
voume, soñar. ou iso espero. contigo. sei que me repito. pero quero bailar.

4 de maio de 2006

ieeeeeah!

perdinme dúas veces. e encontreite a ti as dúas. é o destino. (jajajajajajajajajajajajajajajajaja)
pero váiseche a olla. igual que a martota cando se mete nunha tienda (de campaña de acampar, digo). e eu bérrolle. pero nunca se enfada ela. qué boiña é. ;b.
estou gafada.
nunca verei a muchachito (bombo infierno) en concerto. non... bueno, polo menos vin a pereza con ELAS. era un soño. (yo solo quiero hacerte el amoooooor, yo solo quiero que me quieras como te quiero yooooooooo... lalalalá!) ainda que me faltou o punto dunha i destas para quedar. é que se me pós esas caras, home...
o chantaje emocional non me mola nada, tío! ;b. (e a min as emocións multiplícanseme cando estou borracha, fumada e contigo [3 de 3])
bueno, que eu repítoo ainda que me colguen, chê!

oistes, menudo cóctel facemos os vascos, catalanes, andaluces, madrileños e galegos... xD