25 de junho de 2006

21 de junho de 2006

coma sempre...

leváronte as ondas. pero non as do mar de vigo. (ojalá).
xa non chove. eu como as cereixas que deixaron os paxaros.
faltan tormentas de verán. por fin no verán. hoxe é.
e choverá. e tronará. pero xa non será arriba. non este ano máis.
outra vez.
e caerán as follas. pintando.
coma sempre.

19 de junho de 2006

ganas

estou metida nunha guerra inventada. nin sequera existe e eu xa estou rendida. nin sequera sei cantas batallas perdín. porque cada día aparecen e desaparecen. e olvídanseme.
pero hoxe teño ganas de loitar. ser valente e non desviar a mirada nunca máis. por moi intimidante que sexa a túa. e partirche a boca.







b.s.O.: Joaquín Sabina - Ganas.
(y yo me muero de ganas de decirte que me muero de ganas de decirte que te quiero y que no quiero que venga el destino a vengarse de mi y que prefiero la guerra contigo al invierno sin ti.)

17 de junho de 2006

ejem

falas
con acento
estranxeiro...
...na miña terra.
e eu
ámote
cando non sabes
o que dis.

10 de junho de 2006

8 de junho de 2006

do interior

non me importa
que
non che guste
o verde
mentres sigas
berrando
o meu nome
así.
eu son
de
terra a dentro...
...pero amo
o teu
mar de fóra.