22 de julho de 2006

o soño da miña vida

cada vez hai bichos máis raros no meu cuarto. pero ti non estás. hoxe soñei. á tarde. no bar máis bonito de monforte. é unha feira. soñei moitísimo e emocioneime. e había moitísimos libros. e música. e xente. e café. e té. e sillóns. e lámparas. e un gato. (e ti non estabas. tampouco). o soño da miña vida era de madeira e tiña unha terraza interior para fumar e para que xandra fixese espectáculos con títeres.

20 de julho de 2006

xa veremos

non me pasa nada. é que estou desorientada. é a falta de sono. e algúns aires. que non sei moi ben por onde ando. e teño medo. cando te deslumbran o mellor e reducir a velocidade e pararte se fai falta. sen desplazarte lateralmente porque quedas como cego. pero hai deslumbramentos que che fan lanzarte ó precipicio de cabeza. eu vou. dende os cantís. ó mar. de cabeza. e despois xa veremos, non?

;)

13 de julho de 2006

12 de julho de 2006

aidonnouenizin...

vólvome paranoica. estou aterrorizada. teño medo de confundirme. non quero nada disto. quero que pase a 300 km/h. e que sexa outono. que as montañas de quiroGa parezan un cadro impresionante. que empece a chover e caian tódalas follas. que estalen debaixo dos meus pés cando vou por castañas ou cerrotos. e poñer unha chaqueta de lá pola noite. nunca estou agusto co que teño... (o que teño é unha gana de complicarme a vida... ;b) cada minuto que pasa todo é máis e máis surrealista.

9 de julho de 2006

rapunzel era... non?

como di miña nai, é mellor que primeiro cee, me duche e me vista... e despois xa seguirei esperando para que me veñan rescatar. cada día teño o pelo máis longo. o día menos pensado, podes subir por el ata a torre na que me pecho e levarme contigo á beiriña do mar. para non deixar de mirar nunca

8 de julho de 2006

creo que voy a matar al cartero

a estupidez non ten límites. e a miña moito menos. todo era negro. coma o pote. coma o fuel. e de pronto volveuse azul. coma o ceo. coma o mar. coma a chaqueta esa túa que non me gusta nada, pero que adoro ter posta ;b. vivo coa esperanza de que dentro de 11 días (não acredito) todo sexa verde. outra vez. coma o meu monte. coma a miña alma. coma a miña falda nova. coma os meus ollos ás veces, que segue sen servir de nada. (ou si... non? xa non teño nada claro). agora estou chorando da risa, porque me acordei de como una oooooooooooola... e creo que é perfecta.
(jajajajajajajajajajajajaja).
cando recupere a paz, a tranquilidade e a cabeza... xa veremos.

de crise en crise...

non sei escribir. hoxe, polo menos.