31 de agosto de 2006

aínda non é setembro

non te boto de menos. pero aínda non é setembro. asumín perfectamente que xa non estás. penso en ti. e sorrío. e non mo explico. non quería afogarme máis. e gustábame a sensación de quererte tanto. cando chegabas e me calmabas coa túa voz a impaciencia. con ese acento estranxeiro a medias. teño unha luz verde.

29 de agosto de 2006

chau

agora que non estás cando penso en ti sítome pequena. unha nena pequena. coma cando tiña cinco anos e me dicían que viña meu primo Eduardo, de México. el tiña 15 anos e xogaba comigo no sofá. tirabámonos coxíns. contábame contos. faciamos puzzles. e un día eu espereino no sofá. pero sentou a comer con meus tíos e xa non xogou máis. cando se levantou da mesa fíxome cóxegas e marchou. coma ti.

27 de agosto de 2006

promesas que non valen nada

non quería verte máis. non podo. teño todo o corpo cheo de pinchazos. pero non dou. non podo aguantar. vou chegar arrastrándome. desangrada. só para mirarte por última vez e dicir: é a derradeira vez que te quero. non importa que me encante como colles a litrona do kalimotxo. nin que cada día me sinta máis cerca de ti. non importa cantas veces teña que mirarte. nin que a túa memoria me guiñe un ollo os domingos pola tarde. voume. voume o único día que non podía irme. pero aprendín que contigo todo dá igual.

26 de agosto de 2006

a foto

a partir de hoxe cando queira verte mirarei a foto esa. na que tés o sorriso torcido. supoño que me estarías falando. esa na que pensaron que eras un actor famoso. (santi millán). non sei se era pola túa barba ou pola miña cara de emoción.

24 de agosto de 2006

jiji

qué coño... que si que quero soñar con ángeles que leven camisetas de raias e converse moradas. e un pendiente de coco. e cantar a canción de Quique con Iván. (os homes do paseo de panxón ;b)

21 de agosto de 2006

tardes...

gústame que me mires así cando che digo que me quedo. que me sorrís. e parece que me estás dando a man mentres marchas. e despois ódiote porque non te quedas comigo. e teño a necesidade de correr monte a través ata o paraíso perdido onde sei estás. para mirarte toda a tarde.

eu si que son unha ionqui

encántame a túa memoria de peixe. de tres segundos. que me sorrí sempre. e me calma. coma a túa voz cando me falas en serio. e de coña. e te ris. e cantamos. non quero seguir sufrindo de alucinacións. xa o dixen. odio ter dependencias... pero é que me gustas tanto.

18 de agosto de 2006

non é xusto

onte confundín a túa voz coas gotas da auga. é cursi pero certo. iso é o gracioso. será que ibas vestido de verde. e eu namoreime de ti. coma tódalas noites. eu son así. gústame máis a xente cando non se peina. e encántame como colles a litrona de kalimotxo. quince días cada trescentos sesenta e cinco son moi poucos. non é xusto.

16 de agosto de 2006

cheguei

fai unha mañá marabillosa. fai fresco. un pouco aire. e acaba de chover. é unha pena que non esteas aquí comigo.

14 de agosto de 2006

os homes da miña vida II

vinte onte. levabas un xersei de raias. estabas guapísimo. coma sempre... pero mellor. e tiven un dejá vu. si, porque fai moito tempo que non soño contigo. e gústame así. que aínda te cortes cando me saúdas e non sabes qué dicir. e eu vólvome tola e fáloche de nada. e parece que estás disposto a non mirarme nunca. gústame porque dura pouco e porque é simple. porque non nos imos querer nunca. e é divertido. cando te miro paréceme que non vai haber nunca un home que me guste tanto coma ti. e é mentira. e xa non me acordo nunca de ti. onte olvidóuseme contarte.

13 de agosto de 2006

os homes da miña vida I

onte foi unha retrospección. catro homes da miña vida reapareceron á vez onte á noite. e eu non sabía a quen atender. porque quería abrazalos a todos. fáltanme dous que espero ver hoxe. e serei feliz durante cinco minutos. saltaranme as lágrimas e pensarei na sorte que teño de que eles tamén me queiran. e me traten tan ben.

10 de agosto de 2006

libre

xa non quero estar sentada no chan mirando unha parede branca. coma unha tola nun manicomio. quero ser unha tola libre. e collerte da man.

9 de agosto de 2006

why?... why not?

qué manía de intentar racionalizar as cousas. non teño nada que entender. pero busco e busco unha explicación para algo que non a ten. e ata me agobia non saber o porqué. e como hoxe estou tan racional, non quero nada.

b.s.O.: Lady Blue - Bunbury (con Iván Ferreiro)

4 de agosto de 2006

hoxe foi un bo día...

aceléraseme o corazón. e fáltame a respiración. e teño unha sensación de baleiro entre o estómago e o peito. non sei exactamente onde. e esta vez non estou falando de conducir. pero non me vale. prefiro que me dea o aire na cara. sei que me mintes. e eu créote igual.

2 de agosto de 2006

1 de agosto de 2006

carretera, mucha carretera...

cando me baixo do coche teño sorriso estúpido. o mesmo que teño cando penso en ti. creo que me estou namorando. de conducir. pero non sei facer cambios de dirección. teño un problema xirando o volante. dicen que conducir é igual que bailar. e eu bailo ben [;b]. polo menos coa noelia. como di alberto san juan (L) en airbag: carretera, mucha carretera.


(son monotemática).