18 de outubro de 2006

cores

non me dan medo os lóstregos no asfalto. non se estou dentro e os miro no balcón. e sorrío. sorrío porque é outono e as follas pintan no chan e estálanme nos pés. e todo me fai inventar historias de cor laranxa amélie.

16 de outubro de 2006

eu si

como eu si que son unha muller moi moi moi moi moi moi moi moi moi moi moi aburrida (hoxe especialmente) vou facer outro test... porque me encantan e porque me apetece. igual aburro xa con tanta pregunta e tanta resposta. pero é que me encanta descubrirme ;b

Si fuera un momento del día: a madrugada.
Si fuera una parte del cuerpo: o pelo nos hombros.
Si fuera una asignatura: sintaxe.
Si fuera un color: verde.
Si fuera un verbo: anoar (qué chispa).
Si fuera una prenda: un fular moi ancho.
Si fuera un lugar: unha corredoira embruxada con carballos en outono.
Si fuera un líder: non me gustan os líderes.
Si fuera un mes: outubro.
Si fuera un gesto: un guiño coa lingua fóra tal que así ;b
Si fuera un país: un que non existe. (nunca jamás)
Si fuera un sabor: té rojo
Si fuera un sentido: olor.
Si fuese un árbol: un carballo.
Si fuera un insecto: as mariqutas son insectos?
Si fuera un regalo: unha caixa de bombóns (nunca sabes o que te vas atopar, xa o dicía forrest gump)
Si fuese un animal: unha gata.
Si fuese una fantasía: un personaje de tim burton.
Si fuese una Diosa: non practico...
Si fuese un fenomeno natural: chuvia.
Si fuese un sentimiento: amor.
Si fuese un olor: terra mollada.
Si fuese una flor: unha margarita.
Si fuese un número: o 10.
Si fuese una palabra: descanso.
Si fuera un planeta: plutón (que non dá chegado)
Si fuese un momento del día: a madrugada (outra vez)
Si fuese una gota: do mar.
Si fuese un líquido: estrella galicia.
Si fuese un instrumento musical: guitarra.
Si fuese un elemento: osíxeno.
Si fuese un mueble: unha cama.
Si fuese una virtud: empatía.
Si fuese un dibujo animado: maggie simpson.
Si fuese un ser de fantasia: unha fada con ás violetas.
Si fuese un famoso: alberto san juan.
Si fuese un dolor: un pinchazo nun pulmón.
Si fuese una fruta: melón.
Si fuese una figura geométrica: un triángulo.
Si fuese una verdura: coliflor.
Si fuese un idioma: galego.
Si fuese nada: a cor blanca.

se chegastes aquí... é para darvos un premio ;b

poesía

é por esa manía túa de que me guste a mesma poesía que che gusta a ti. cando cantas. e eu morro por aprender tódolos meus poemas. e berrarchos unha noite de moito vento e moita auga. nun camiño asfaltado polo que xa non pasan coches. e botar a correr.

11 de outubro de 2006

abaneamos nas columnas

pero medran as plantas
verdes e violetas.
e eu maréome
nos teus silencios
que se me retorcen
nos ollos.
e ofrézoche o meu pescozo
para que
desta vez si
me mordas a iugular,
poeta.
(si de verdad fuera un poeta
te mordería la yugular.
quique gonzález.)

10 de outubro de 2006

nudos

ódiote
por esa especie de regaliz
que me dás.
da barba rascándome na meixela.
e me doe
ó día seguinte.
que me falas
pegado á orella
e sen saber o que dis.
e eu
fágolle nudos
para que me dure máis tempo.

9 de outubro de 2006

the spell...

encontrei a frase vestida de bruxa. cos labios rojos. preparada para romper o maleficio. só me falta unha cousa e a forza nos ollos. o equilibrio.

i wanna break this spell that you've created... (b.s.O.: Muse - Time is running out)

8 de outubro de 2006

non pensar

non encontro ningunha frase en ningún lado porque non teño estado de ánimo. porque non quero nin espero nin desespero nada. porque hoxe son unha boneca. e está ben. a mente en branco de vez en cando. mañá espero que non... 48 hrs é demasiado tempo.

1 de outubro de 2006

foi

hoxe é outubro. e setembro non foi de ninguén. dentro de once días terei torta de galletas e chocolate... e un ano máis. xa non hai setembro. e eu empezo a notar o peso da túa ausencia. e quero un fío. onte convertinme nunha fada. e contáronme que ós malabaristas lles encantan...