29 de novembro de 2006

a miña mitoloxía

non sei se existen as fadas. pero eu quería ser unha. no que si que creo é nos duendes. e creo que hai millóns por aí adiante. non sei como é que se recoñecen. só sei que eu creo que coñezo a algún. e conseguen salvarme.







(hoxe por fin vin enteira La educación de las hadas, e teño que darlle a razón a raquel, podía ser moito máis especial. pero gustoume por ricardo darín, bebe e o pequeno, que é marabilloso. ah! creo que me equivoquei co segundo adxectivo. a min tampouco me gusta a palabra sentimental... creo que tamén quería falar de romanticismo como corrente, pero como o dixeches ti primeiro, direi que estás sentimentalmente perturbado... e que a tolemia é un sombreiro!)

28 de novembro de 2006

bogit

gústame abanear. é como flotar. gravidade cero. e moita música. baléirome. e fóra chove. e ti non estás. non hai inercia. era mentira. pero hai forza. téñoa. e quéroa. ti estás onde eu queira. mírame e búscame entre a xente. búscame moito. estou aquí. ó teu carón. flotando no teu peito. non durmo. só quero que ti non te levantes nunca. son unha gata. e encóllome toda. son feliz mentres ti me enredas o pelo. non te preocupes que eu non me peino nunca. respira comigo así todo é moito máis fácil. quero nadar. non sei qué me dis. non entendo. non te rías de min que son pequenísima. e abrázame moito. nas columnas. que non caen. tranquilo. téñoa eu, recórdao. pero non pares de preguntarme. só gústame (ti) tanto. a man aí está mellor. risas en cadena. cadrado perfecto. cales son os teus dedos? xa me estás encontrando. pero non te vaias. a miña adaptación leva tres días e un millón de fotos. e trátame de vós. fálame así. que de escoito ainda que non queiras e non che conteste. gústame cando falas. estou tranquila. e non necesito decir nada. fálame, en serio que si que te escoito! é un dos meus pasatempos favoritos. as túas mans de malabarista acaríñanme a cara. e ti séntaste tamén. e mírasme tanto. só quero quedar dormida. despértame ti. rapaz. que traes a marca do meu bico na cara. non me leves nunca esta complicidade.

16 de novembro de 2006

días e días

aquel día o único que quería era que non me soltaras. nunca. e ti deixáchesme soa.

15 de novembro de 2006

a profecía

gustaríame que a túa profecía se fixese real. non peocuparme que me irei a parís, coñecerei un castaño claro e irei vivir á India.

12 de novembro de 2006

non o imaginaría nunca

-non entendo o que marie lle ve ó tal jonh. non ten nada.
-algo si que ten.
-non. non ten nada. que ten?
-é novo e guapo.
-bueno, si. é novo e guapo. pero qué fixo para ser novo e guapo?
-nada.
-non tén mérito ningún.

tres solteiros e un biberón

10 de novembro de 2006

in your eyes (II)

-tés un mechero?
-a mi si no me lo pides como me lo tienes que pedir no te lo doy.
-por favor, tés un mechero?
-así tampoco.
-como?
-in your eyes.
- (sorriso). tés lume?
- en tus ojos.
(complicidade)

8 de novembro de 2006

in your eyes

teño outra percepción das cousas. outro punto de vista. e tírome na cama con quique gonzález de fondo. e penso en cando te vexo pasar vestido de azul. e me quedo sen palabras e mírote. respiro fondo e penso na posibilidade de falar contigo... e pedirche un pitillo. ou rirme o día que me pidas un mechero mirándome ós ollos. cómo? in your eyes.

4 de novembro de 2006

brun brun

hoxe 4 de novembro do 2006 conducín soa por primeira vez.
e foi impresionante. foi como concentrar o concerto de quique en media hora. respirar fondo. e sorrir

quique en vigo

íbaselle a vida pola boca cantando. e a min íbaseme polos oídos. e polos ollos. aínda me dura o sorriso de estúpida que me deixou onte a noite. namorada completamente. e respirando fondo. con tranquilidade. non veu iván ferreiro. outra vez será.

2 de novembro de 2006

achuchué... achuchuá...

tiven que reenamorarme de ti para sobrevivir. olvidóuseme que é máis fácil escoitar siniestro total. foi unha semana tan larga...