16 de janeiro de 2007

días e días

se eu fose un día sería 17 de abril...
(...ou luns de carnaval).
para min sempre serás 1 de maio...
(...ou domingo de resaca).

10 de janeiro de 2007

9 de janeiro de 2007

a utopía que quixo sacarme a bailar

unha vez, durante case un ano, soñei que iba vivir nunha casa de pedra que ten as ventás vermellas e unha torre pequena con cristaleira. eu iría sempre vestida con falda e chaqueta de lá. e el (co seu nariz perfecto) levaría pantalóns de pana. plantariamos tomates nunha horta ó lado da casa e oiriamos sempre o ruido do río ó outro lado do lameiro. todo verde. e teriamos unha habitación con millóns de libros. pero descubrín que el non lía e que viviamos no século XXI.

2 de janeiro de 2007