27 de fevereiro de 2007

días azules

foi luns. e non choveu. nin pola noite.
fixen cariocas despois de dous mil anos.
na area.
unha percepción distinta.
como esa sensación de saberte xa.
a gominolas psicotrópicas.
desas con moito pica pica.
;b

23 de fevereiro de 2007

eco

estas aí. como o punto ó final das frases. sempre. apareces de pronto. saes do vacío onde te agochas. e paras un pouquiño. só o xusto e necesario para que eu te recorde. pum! e vaste. e a min quédame o teu eco...
...namáis.

17 de fevereiro de 2007

14 de fevereiro de 2007

4 de fevereiro de 2007

antroido'07 (I)

este ano elexiron o tema da tolemia para unha especie de invitación escrita no tríptico anual do antroidode salcedo (que é onde vivo eu)...
(para que non forcedes a vista vouno copiar aquí eu ;b)

"semella que todo o ano xira ó redor do entroido. acaba un ano e xa todo o mundo, unha vez superada a resaca, o cansazo e a moviola das mellores xogadas, empeza a pensar no que vai facer o ano seguinte.
e nesas estamos, preparados para volvernos loucos unha vez máis. desexando quitarnos a carauta da realidade, para deixarnos levar só pola ledicia de gozar a esgalla entre todos e con todos.
todo o mundo, grandes, pequenos, vellos e nenos a gozar. todo o pobo a armala gorda. canto máis vellos, máis parecen abandonarse nesta loucura de carnaval.
loucura divina esta que se apodera de todos nós, que nos fai revivir a uns e retornar a outros tempos a outros. e a todos, veciños, desprazados e visitantes nos fai sentir ben.
o oso pódete lixar, pódete facer chorar; pero, en canto o vexas, desexarás que te collan os criados e te leven xunto a el. as madamas deixarán que as contemples bailar cos danztantes. os disfraces de campo farán que te rías a rabiar. e o teatro popular conseguirá engancharte.
no entroido non hai forasteiros nin veciños. hai, soamente, disfraces e público en xeral. cada un decide como xogar a este xogo. dá igual de onde sexas, só importa como queiras participar. esa é a grandeza do entroido de Salcedo.

ven e vólvete louc@ coma nós."

recoñezo que está moi adornado. pero eu vivo o antroido así. coma unha tolemia conxunta que o envolve todo. e non importa nada. eses días xa irei contando (se é que teño tempo).


p.d.: a ver se pouco a pouco vou traendo tódolos meus posts (que son coma fillos) dende bitácoras ;b