30 de abril de 2007

en directo, no puedo parar!

fai un ano atopeite. perdida. entre centos de miles de persoas fun dar contigo. caladiña. sen facer ruido. pero aliviada. e ti falábasme e coidábasme. eu alucinaba e só podía asentir entre todo aquel rebumbio de música e xente. aquela marea humana que me levaba cada vez máis lonxe. ti volvías e rescatábasme. e aínda teño que quedarme contigo.

16 de abril de 2007

mmmmmmmúsicas IV

cóntoche as pestañas.
e ti as vértebras.
e mídesme en dedos...
...e dentes.
e vámonos a portugal...
sen saber da próxima vez.
nin da última.
e o aire...
iván ferreiro - piensa en frío

15 de abril de 2007

a utopía que quixo sacarme a bailar (II)

tardei tres anos en volver bailar contigo. ou tardáchelos ti. quen sabe. e durante dous días ó ano volvo querer plantar tomates. dous días ó ano. só. e sempre son en abril.

8 de abril de 2007

tempo contigo

xa non teño o rizo de martirio. aliseino. e agora estou triste. e teño morriña de todo. dos teus amagos de dicirme algo. e perdemos tanto tempo que non me quero ir.

6 de abril de 2007