21 de julho de 2007

filosofía aplicada

sae dunha vez daí dentro. soño contigo... das ganas que che teño. e penso en todo o que non falamos... e sóñoo. e dicía un filósofo (do cal non recordo o nome) que é posible que vivamos tamén nos soños. vivir igual que vivimos na vixilia. e eu penso... estarás ti nese momento tamén soñando comigo? así... falando desas cousas que calamos. en coordenadas espacio-tempo distintas ás nosas camas, surrealistas, preciosas. vivindo xuntos, durmidos a quince quilómetros de distancia. falando. e será posible?

19 de julho de 2007

de noite

sentados na rúa. falamos dese libro sen sentido que lin sen acabar de entender dúas veces. o que che regalei porque estaba soa. e recítasme cachos. e chámasme tonta. despois arreglamos o mundo.

11 de julho de 2007

un rato.

téñolle medo a un rato invisible. estou tan louca que a veces ata me parece que me anda polos hombros... por iso me leva catro horas case xustas durmir. escoito como non anda pola habitación escura. e esperto sobresaltada ás 6.17. non sei por qué... polas mañás non existe.