29 de agosto de 2007

volve o outono.

hoxe, como cada último día, (re)enamoráchesme. voz de calavera. e ganas de estar pegada a ti sempre. e vaste. como cada final de agosto. como cada 29. e coñecíchesme hoxe máis que calquera día. eu mañá olvidareime. pero soñarei que durmín no teu colo. facéndonos nudos cos brazos.

28 de agosto de 2007

festas na herba

se non estivese desenganchada (e/ou serena)... hoxe sería un día marabilloso.
pero todo me chega tarde.

20 de agosto de 2007

mmmmmmúsicas V

debíao. a última canción. estou segura de que non fala de sexo. pero a min paréceme orgásmica.

nacho vegas - el jardín de la duermevela.

8 de agosto de 2007

parecido a luisa (*)


aí vou vivir eu.
en o.
metidiña nun castiñeiro.



* a de dos anxos e dos mortos, de rey ballesteros.