25 de agosto de 2008

un pouco de sal, un pouco de mel...

gústame tanto esa cara que pós cada vez que me ves chegar... os teus brazos agarrando un tableiro... os teus pantalóns. vellos e rotos no cú. e esa terra na que vives e falas e bailas e cantas e bebes. ainda que non sexa comigo. (sempre).

18 de agosto de 2008

un día

pensei que terías vintetrés anos. e resulta que non. que isto xa non che fai gracia. escolliches o peor día de todos. o máis rápido. e o máis denso. perdinte na marea humana. sobráronme centos de corpos suorosos e inestables. coma min. para dicirche o moito que me gustou que viñeras.

6 de agosto de 2008

...no verán.

o meu mito erótico faise vello. e agora só o vexo nos enterros. a min recórdame a ti. coas olestar verdes e a camiseta por dentro do pantalón. un cinto de coiro. dous homes coma dous carballos. do interior. para darme boa sombra...

4 de agosto de 2008

O.



non estás. e eu véxote aparecer polo camiño despois de aparcar o coche verde. igual que apareciches o 25 de xullo na Quintana: branco de resaca e co pelo mollado. guapo. e penso en que O. te necesita coma min. para facer unha varanda e pintar esa porta de verde.

29 de julho de 2008

festa

bailamos un fado na aira. coa orquestra ó lonxe.
- vamos dentro, que vai moito frío.
- é que esta gústame tanto...

26 de junho de 2008

.

intento ser, por min, esa muller (en potencia) capaz de enamorarte.e cómote cos ollos porque non te podo comer coa boca.

12 de junho de 2008

11 de junho de 2008

ulen as roseiras diante da casa da sinda. coma sempre. cando vou por un quilo de azucre. e iamos ser moi felices cando foramos felices no solpor da miña casa.

4 de junho de 2008

meme: passion quilt

o club da calceta *



tecer é a miña paixón aprendida. tecer é o bálsamo que me transporta a días verdes. e felices. tecer é sacarlle as arañeiras ás mulleres da miña familia. tecer é saber que sei ser.
.
.
.
* o club da calceta, de maría reimóndez.
** - Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.
- Darlle á imaxe un breve título, titular o post "Meme: Passion Quilt".
- Enlazar esta entrada.
- Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento
: chegados a este punto direi que non me sinto capacitada para pasarlle o meme a cinco persoas. nin tan sequera a unha, ainda que a teña na cabeza... ;b
a min convidoume Silvana , pero creo que entendemos a cousa de forma distinta, de todas formas iso de "o que máis te apasione que sexa aprendido" deixa a porta moi aberta. e iso é marabilloso. ainda que ben pensado, entendéndoo como algo do que aprendas tamén valería, porque tecer ensinoume a querer ser mellor muller.

3 de junho de 2008

27 de maio de 2008

autoaxuda.

chove todo maio. choverá inteiro para que nos mollemos. o viernes. iste viernes que non chega. volverá vigo e o que conleva. iste jueves. todo verde. violeta. e os ollos negros. serei unha leona. e comerei a noite, vigo. beberei a chuvia. respirareina. volveráme toda a vida para saber quen son. que son eu. e chorarei de todo o que estraño. chorarei por todas as miradas que nos botamos. todos. e por todas esas noites nas que nos coñecemos e nos quixemos. nas que empezamos. e nas que seguimos. vigo vaime deixar sangrando iste fin de semana. ou non, que non é solo cousa miña.

5 de maio de 2008

non me importa que non andes por aí montado nun cabalo.
ou que ainda non toques a gaita.
porque dices Salcedo coma nadie.

29 de abril de 2008

complexo de electra.

soñeite enamorada de ti coma nunca o estiven. nin o estarei. soñeite falador. coa camisa verde forestal de meu pai.

25 de abril de 2008

25deabril.


hoxe é vintecinco.
e resistíame a crelo, pero abril ten os días máis bonitos do ano.

6 de abril de 2008

31 de março de 2008

26 de março de 2008

por non ser eu.

cada día frústrome un pouco. por non ser eu a que escribe. a que canta. a que baila. por non seu eu a que toca. a que bica. a que pensa. por non seu eu a que mira. a que sabe. a que sente. cada día frústrome un pouco. e de tantos poucos...

11 de março de 2008

vaime por pinas, amor, de paso que traes a leña, daquelas pequenas que non valen pra encender o lume, que quero facernos unha cortina para o verán, como aquela que tiñan naquel bar, en froxán.

26 de fevereiro de 2008

ai, maría la portuguesa (II)

vai para catro anos xa que nos coñecemos. e segues sendo un dos (o) homes da miña vida. e hoxe, sen verte, seguía pensando que ningún me vai gustar tanto coma ti. e é posible que non. quería que me empaparas o vestido. consolarte. ser eu tamén a muller da túa vida. e marchei sen despedirme xiquera.

13 de fevereiro de 2008

30 de janeiro de 2008

os homes da miña vida V

o noso foi un frechazo. pero de oido. gustámonos pola voz. polo acento. estaba atenta a cada palabra que dabas. e sorríache, a ver se así, algunha vez, falabas comigo. e podía deixar de espiarte.

29 de janeiro de 2008

no quiero perderte.

é que hoxe non sei de que me vale vivir eiquí, neste paraiso. e vivir esí, en paz, se non existe a posibilidade de poder ensinarche isto. se nunca vou poder follar contigo en loureiro. dentro e fóra do río. se non volvo captar toda a túa atención outra vez. e verche a ilusión pintada na cara...

no quiero perderte - elodio y los seres queridos.
(gracias pola canción, elisa).

20 de janeiro de 2008

ai, a memoria.

se puidese acordarme, faría unha escolma de tódalas frases que me dixeches en tantas horas como pasamos xuntos. ainda que non tivesen nada que ver comigo. para convencerme de que todo este tempo non pasou en balde.
...e se chove, deixa chovere.

11 de janeiro de 2008