25 de agosto de 2008

un pouco de sal, un pouco de mel...

gústame tanto esa cara que pós cada vez que me ves chegar... os teus brazos agarrando un tableiro... os teus pantalóns. vellos e rotos no cú. e esa terra na que vives e falas e bailas e cantas e bebes. ainda que non sexa comigo. (sempre).

18 de agosto de 2008

un día

pensei que terías vintetrés anos. e resulta que non. que isto xa non che fai gracia. escolliches o peor día de todos. o máis rápido. e o máis denso. perdinte na marea humana. sobráronme centos de corpos suorosos e inestables. coma min. para dicirche o moito que me gustou que viñeras.

6 de agosto de 2008

...no verán.

o meu mito erótico faise vello. e agora só o vexo nos enterros. a min recórdame a ti. coas olestar verdes e a camiseta por dentro do pantalón. un cinto de coiro. dous homes coma dous carballos. do interior. para darme boa sombra...

4 de agosto de 2008

O.



non estás. e eu véxote aparecer polo camiño despois de aparcar o coche verde. igual que apareciches o 25 de xullo na Quintana: branco de resaca e co pelo mollado. guapo. e penso en que O. te necesita coma min. para facer unha varanda e pintar esa porta de verde.