29 de agosto de 2005

ou non

non sei como fas
para okuparme.
pésanme as pálpebras de pechalas en ti.
leváchesme a maxia.
pero devólvesma en pequenas doses
a través do fío que nos mantén unidos
nas bágoas que non botamos.
tárdasme... tanto... tanto... tanto... tanto... tanto...
que prefiro recordar a soñar.
[ou non]
querO verte... mirarte... mirarte... mirarte... toda a tarde.

b.s.O.: Piratas - Vacío. [y no recuerdo que ha pasado con la última vez que estuve susurrándote...]

28 de agosto de 2005

fraxilidade

síntome tan fráxil
que me romperías
con só mirarme...
algún día
[cando sexamos grandes]
explicareiche por que
me resulta tan duro... soñar.
por que te busco nos espellos.

27 de agosto de 2005

silêncios

non me dóe o teu silencio...
nÓn.
prefiro pensar na ausência
e mirar no vacío cheo de recOrdos
e soños de unha noite de verán...
non me dOe o teu silêncio
aínda que penses o contrario.
non me doe, porque ti non me does.
nOn.
hoxe non...
porque prefiro sorrir chorando
mentres vexo estrélas e mans que respiran no meu pelo.
porque prefirO ser feliz sen a túa voz
que afogarme en palabras que me atormentan.
[atormentaron, atormentarán, atormentarían...]

b.s.O.: Piratas - Muertos.

24 de agosto de 2005

hoxe

nOtarei a túa ausencia
pesándome coma unha lousa
cando a auga me recorde
as estrelas do día que nos despedimos...
xa me estás tardando.

b.s.O.: Quique González - Cuando éramos reyes.

23 de agosto de 2005

despedida no paraíso

foi... e non quería... pero pasou...
e aínda estamos, pero xa non será o mesmo...
canto vos/te vou estrañar...
qué frío se me vai facer o inverno
recordando soños en noites de verán...
non tardes/des moito en vir...

b.s.O.:: The doors - The end.

11 de agosto de 2005

tódalas noites

igual non o sabes...
pero imos da man en estrelas fugaces...

non podo perderte de vista... non quero afogarme en olor a mar...
pero estou tranquila... teño salvavidas...

non podo olvidar que a próxima vez que te vexa igual non me recoñeces... eu a ti si. é imposible olvidar a túa boca...

non sei que anxo te mandou á miña vida... pero estareille eternamente agradecida...

só quero seguir contando estrelas... abrazada a ti... tódalas noites...

b.s.O. :: yo no sé que tiene tu boquita que me vuelve loca, que me vuelve loca... [poñédelle música... :D]

2 de agosto de 2005

ieah!

estou enamorada.
estou enamorada?
estou enamorada!

b.s.O. :: Stand by me no acústico de piñO