24 de maio de 2005

o ceo é inferno

Había unha vez unha meniña que vivía nun paraíso pequeno e verde, pero un tanto triste. A melancolía da paisaxe non impedía que a meniña soñara con pazos de pedra e madeira, un tanto pequenos, pero cheos de historias inventadas. Ás tardes saía pasear cerca do río que, á sombra das árbores, quedara verde tamén. As flores que saían á beira dos camiños saúdabana sorrindo ó vela pasar. As rochas fixéranlle, garimosas, unha cadeira de pedra no alto do monte e ela, agradecida, admiraba dende alí o esplendor daquela postal de ensoño e prometíase que iría até alí sempre que precisase respirar liberdade, cando o pó negro e a nube gris intentasen afogala.

Unha mañá espertou suorosa por un mal soño que non podía lembrar e pensou que camiñaría por corredoiras embruxadas até o seu verde refuxio e alí, calmada, volvería imaxinar pazos de pedra e madeira cheos de historias inventadas conseguindo librarse dese mal que non a deixaba erguerse. Pero xa nada estaba no seu sitio cando chegou. Xa non quedaba nin unha flor, nin unha soa árbore e o río, só, tornara as augas grises de pena. E, entón, lembrou o mal soño: o inferno erguera as súas chamas sobre a súa terra, o lume saboreaba cada parte do paraíso sen deixar nin os ósos e os homes, desesperados, tentaban sen éxito salvar algún recuncho celestial. E o pesadelo foi real, e ela sentiu que nunca volvería respirar.

22 de maio de 2005

espellos

nOn sei o que querO.... ....Oreuq euq o ies nOn
mirar Un espellO... ...Ollepse nU rarim
e qUe todO seXa ó revéS... ...Sèver ò aXes Odot eUq e
querO aire verDe... ...eDrev eria Oreuq
vémonOs no ríO... ...Oìr on sOnomèv
cando todo chegue ó final... ...lanif ò eugehc odot odnac
esta lOnga noite de pedra... ...ardep ed etion agnOl atse
torne en estreLas vermeLlas... ...salLemrev saLertes ne enrot
baiLando... ...odnaLiab
e berrando... ...odnarreb e
vémonos... ...sonomèv
cando xa nOn poida aturalo máis... ...siàm olaruta adiop nOn ax odnac
ven... ...nev

6 de maio de 2005

necesito escribir un poema

cada tres meses e un día
necesito
escribir un poema
como se necesita un orgasmo
como se necesita chorar a vida
ese día
despois de cada tres meses
pronúnciome agudo en sílabas sabias
que me van descifrando a pel
nas palabras
e a miña memoria impregna e preña
para sempre
outro trimestre infecundo.
fran alonso. subversións.