30 de setembro de 2006

las nubes se levantan

fóra chove. e coma sempre eu teño ganas de saír. para dar voltas e bailar baixo a auga. non vou parar ata facelo. a chuvia é como a canción de muse... dáme ganas de comer o mundo. pero só se estou en salcedo. porque cheira a terra mollada. e todo é aínda máis verde.

29 de setembro de 2006

ui...

teño un nudo permanente na garganta durante o día de hoxe. é como ter ganas de chorar todo o tempo. pero sen querer. e é moi duro. mañá vou volver saír ó mundo real. levo dende o martes encerrada na casa sen botar un pé fóra. coidándome. sen fumar. vendo a tele e mirando o ordenador. a febre non me deixa concentrar. e estou preocupada. creo que xa non me quedan neuronas. necesito aire na cara. e quero coller o meu coche de forma legal. apetéceme moitísimo conducir. xa estou enganchada. son politoxicómana. e non teño vontade ningunha...

27 de setembro de 2006

un musical

GO!!!
1- Invitado al Meme por: Moucho Branco
2- Cuestionario hecho por: nOa
3- Banda o grupo o cantante elegido: despois de moitas voltas decidín facelo cos Piratas, xa que Iván Ferreiro ten menos cancións que preguntas...

GO GO!!!
1- Eres hombre o mujer: Garota.
2- Describete: caótico neutral.
3- Qué sienten las personas cerca de ti: el sombrero.
4- Cómo te sientes: recuerdo.
5- Cómo describirías tu anterior relación sentimental: el cielo de lo nuestro.
6- Describe tu actual relación: te echaré de menos.
7- Dónde quisieras estar ahora: Viviendo en el Modo D.
8- Cómo eres respecto al amor: el equilibrio es imposible.
9- Cómo es tu vida: días extraños.
10- Qué pedirías si tuvieras sólo un deseo: jugar con los coches
11- Escribe una cita o frase famosa: nada siempre es toda la verdad, nada significa nada...
12- Ahora despídete: a dormir.

25 de setembro de 2006

non conseguín emborracharme

non teño para quen mirar. ata que apareces. e non me ves. eu espíote. e penso que a ninguén lle senta tan ben ese xersei de raias. e vaste achegando. sitúaste xusto detrás de min. e eu bailo como se non me dera conta. e ríome da situación. non o entendo. e o aire na cara. e un encontro casual na entrada dun pub. eu sorrío mentres me falas e míroche ós ollos. grandes. e falamos de música. peligramos cando falamos de música. xa fixemos unha vez banda sonora. e fuches ti o que marchaches por primeira vez.
gústasme. non sei por qué o nego.

19 de setembro de 2006

os homes da miña vida IV

a primeira vez que o vin estaba sentado nunha acera. xusto diante de min. comenteille a marta que era o home da miña vida. e rimos moito. despois foron todo casualidades. por iso eu creo nelas. o día que el me coñeceu fíxome de abrigo polas rúas molladas de compostela. despois dun concerto. como na canción de ismael (hahaha).
a voz. a barba. a risa de demo escapado. e as alas...

13 de setembro de 2006

a miña cama

paréceme que é de madrugada. cando me acubille na cama caerei profundamente. porque xa o necesito. e quero soñar coa auga. en verde. e vermello. confundín as cores. e a luz é marabillosa. setembro é precioso cando chove.

11 de setembro de 2006

por la borda...

tódalas palabras me chegan tarde. quique está espectacular en ajuste de cuentas. o olor a suavizante quitoume o olor a mar. a miña ventana é impresionante. a próxima vez que colla o coche da autoescuela non me vai acordar como se conduce. vou en coche fixándome en cómo a xente pisa os pedales. e quero ser eu a que os leve a eles. incluídos os taxistas. si de verdad fuera un poeta te mordería la yugular.

10 de setembro de 2006

teño a mente en rojo

está aí. recordándome a túa presencia cada vez que o miro. ou a túa non-presencia. quería dicir. síntome estraña. estraño. (odio o ñ. é feo).
teño a mente en rojo.

8 de setembro de 2006

desvaríes

un día púxenme a pensar (son moi peligrosa) en que os de ciencias tamén credes en cousas que non se ven. comenteillo a unha amiga miña. primeiro miroume con cara de noa, váiseche a olla, que me estás contando. despois con cara de explícame eso.

*
- a fuerza, por ejemplo, non se vei.
- como que non se vei? tu empuxas unha pelota e a pelota móvese pola fuerza que lle imprimes.
- vale, pero tu ves a pelota, non ves a fuerza.
(pausa)
- jodér tía! os de ciencias tamén nos enamoramos, eh?

(despois xa me explicou que os de ciencias cren en cousas que son demostradas empíricamente, non que se ven. aínda que a teoría do Big-Bang non sei eu se será moi demostrable empíricamente...)





* pode parecer castrapo, pero é que na miña zona falamos así. segundo a miña profesora de Galego I, deberiamos intentar corrixir os castelanismos, deixando os outros dialectalismos para o rexistro informal. pero a ver quen é o chulo que lle di a meu abuelo que non fala ben o galego por dicir tenedor e non garfo. (cando me poño en plan filóloga... hahahaha)

6 de setembro de 2006

si ou

cando sexa maior quero ser enxeñeira forestal.
e vivir cun pintor. cun músico. ou cun filósofo.

se me va la olla

non podo ver máis anatomía de grey. perxudícame gravemente a sensibilidá. altérame e faime pensar en ti. e ultimamente resúltame bastante fácil deixar de facelo. son consciente de que te quero. pero eu sei vivir sen ti. como ten que ser que alberto san juan se namore de min? (;b) que me mire co sorriso ese torcido. (ñam! me desmayo...) uxía blanco será sempre xonxa. primeiro estudiou filoloxía. coma min. un día igual fago algo da miña vida. e un día igual te chamo. ai non! que non me falas máis ata maio... :). a tontería non ten límites. é o mellor de todo. que podes rirte de calquera cousa. e eu non olvido. non. e menos tan fácil. se me mirases así só unha vez máis, agora mesmo non estaría aquí escribindo isto. escribiría outra cousa. e seguro que sorría tamén. gústame estar así. namorada. independente. sen desesperar. é o mellor estado. agora estou en calma. reconozco que esperar es más fácil cuando sabes que te has ido lejos. en calma e en paz. ainda que non me fales. nin me mires. nin sequera aparezas. non importa. non me importa nada. eu teño unha vida. e quero pasalo ben. este inverno quero (non necesito) droga e amor.

(cando se me vai a olla non son de tan poucas palabras...)

4 de setembro de 2006

yea

sinto que estou nunha rúa sen saída. e eu aínda non teño carné. e está oscuro. e racharon tódalas farolas a pedradas. foron os borrachos. teño que saír dando marcha atrás. pero voulle joder os focos a algún coche destes que hai aparcados. eu aquí non quedo. quédame moita noite por diante e eu teño que queimala!

contos

cando era pequena (igual tiña 10 anos) escribín un conto xenial. á maioría da xente parecerálle mal que diga que era xenial. a min tanto me ten. quero atopalo para colgalo aquí. creo que estaba escrito en castelán. parece que antes dos 16 non sabía escribir en galego. qué delito tiña. gañei un premio coa historia do triceraptus e as dúas gotas de auga. gañei o conto rosa da viaxe surrealista de Sabela á lúa. gardo un recordo tenrísimo do primeiro libro en galego que lin. agora creo que xa non sei escribir contos (seguramente sexa mentira). pero a veces segue parecendo que teño 10 anos.

2 de setembro de 2006

a día dous...

solo son ordenada cando tendo a roupa. deime conta hoxe. e no seu defecto unha vez á semana. encántame o aire que hai agora. e a calma que xa se respira nel. meu pai fala por teléfono cun amigo seu que fai moito que non ve. e eu espío. fala igual ca min con calquera delas. eu tamén teño ganas de velo. setembro cámbiao todo. aínda que eu siga aquí. teño ganas de irme. de fumar sempre que queira. de ir a algún concerto. teño ganas de ser dona de min completamente. de facer o que me apeteza. estou namorada de tonhito de poi. confésoo. encántame a banda de poi.

1 de setembro de 2006

os homes da miña vida III

un día cruzácheste no meu camiño. eu ía pedir unha estrella. ti bailabas. e sorríchesme cando me fixeches tropezar co teu peito. faláchesme. e eu sorrín. camiñaba nunha nube e todo me pareceu surrealista. agora teño que conformarme con mirarte mentres bebes. eres a utopía que non quere sacarme a bailar.