18 de dezembro de 2006

sean penn




-encantado de coñecerte outra vez. bueno, gracias, supoño...
-tranquilo, a min sean penn encántame :)

16 de dezembro de 2006

despídete

despídete sempre despacio.
como se non quixeras deixarme.
e non me viras nunca máis.
e tócame a cara.
rápido.

12 de dezembro de 2006

a tolemia é un sombreiro V

"oh, déixame"
"levarei ese á festa, o verde"
"serei tola"
"serei e estarás"
"quero e ser tola"
"preme-los seios contra a soidade"
¿o medo?

neve; ombros; unha cidade pasou sen se deter;

para seguir pola area das rochas
para seguir
para seguir
(outra vez que nos atopamos)
medio pallaso na túa habitación

como a noite ¿virás?

"achégate, Lou", "a cabeza"
"non mires" "non mires"; "estou morto e non debes
mirar"; "os mortos temos outros camiños"

Alfoso Pexegueiro, A illa das mulleres loucas. ed. Galaxia, 2004.
(a primeira edición foi en 1984, en galego e catalán ;b)





este poema ensinoumo Raquel. dixo que me iba namorar del. que lle recordaba moito a min. e namorei del. de verdade que é o meu poema. polo menos tal e como eu o entendo.

9 de dezembro de 2006

piensa en frío

recuperei o equilibrio. e é mellor así. roubáchesme as cancións. e xa non te quero. hai meses que vou inventando duendes. e sorríolles. e todo me parece marabilloso. agora só necesito que volva ser imposible.

2 de dezembro de 2006

sete

* 7 palabras que repito frecuentemente:

01 socorro
02 estupenda (todo se pega)
03 marabilloso
04 dios... é que me encanta!
05 que emoción!
06 que dices?
07 qué fuerte me parece.


* 7 cousas por facer:

01 pintar
02 publicar!!!!!!!
03 aprender português e català! (ando neso... pero aínda me queda moito)
04 cumplir un montón de promesas
05 vivir en lisboa
06 unha casa
07 unha filla!


* 7 cousas que fago ben:

01 xogar ó trivial.
02 tender a roupa.
03 teatro.
04 estar calada.
05 fregar os platos.
06 analizar sintacticamente.
07 e liar... chananana.


* 7 cousas que fago mal:

01 a cama sempre.
02 manter a miña habitación ordenda.
03 promesas.
04 xogar ó trivial no irc.
05 cociñar.
06 convencer á xente.
07 escribir poesía con contido social.

* 7 cousas que me encantan:

01 alberto san juan
02 o planta baixa.
03 xogar ó trivial.
04 anatomía de grey.
05 CONDUCIR.
06 comer espaguetis.
07 o carnaval.


* 7 cousas que odio:

01 o sol.
02 tanta xente na praia.
03 as superproducións.
04 a sánchez dragó e antonio gala.
05 a hiperactividade cando me acabo de despertar.
06 poñerme roja coma un tomate.
07 a xente que di que é apolítica. (iso NON EXISTE!)