17 de dezembro de 2007

ías...

digo eu que este venres eu tiña unha cita na coru. inconcreta. quique veu á coruña. é curioso que con tanto tempo de antelación non puidese ir. foi un fin de semana bonito. curto e intenso. curto de aire, digo. bueno, bonito... bonito igual non. divertido é a palabra. pero agora éntrame a tristura. quique estivo na coruña. con sombreiro. no teatro... e ti ías vir comigo. ó teatro. inconcretamente... ías.

1 de novembro de 2007

esta velha

Esta velha angústia,
Esta angústia que trago há séculos em mim,
Transbordou da vasilha,
Em lágrimas, em grandes imaginações,
Em sonhos em estilo de pesadelo sem terror,
Em grandes emoções súbitas sem sentido nenhum.

Transbordou.
Mal sei como conduzir-me na vida
Com este mal-estar a fazer-me pregas na alma!
Se ao menos endoidecesse deveras!
Mas não: é este estar entre,
Este quase,
Este poder ser que...,
Isto.

Um internado num manicômio é, ao menos, alguém,
Eu sou um internado num manicômio sem manicômio.
Estou doido a frio,
Estou lúcido e louco,
Estou alheio a tudo e igual a todos:
Estou dormindo desperto com sonhos que são loucura
Porque não são sonhos.
Estou assim...

(...)
Fernando Pessoa como Álvaro de Campos.

21 de outubro de 2007

horror

é precioso que me fales de revolución. etérea. estúpida. e as palabras encadeadas. pero de libre asociación.

3 de outubro de 2007

...e non quixemos.

así. sorríndome e tocándome. contacto. e cóllesme da man. abrázasme pola cintura e saes só. e eu fúgome contigo. e damos voltas. bicámonos. enamorámonos unha soa vez. para que non nos doia mañá. as nosas bocas acóplanse á perfección. canto me aguantas... será por iso. e eu de parva marcho. asustada coma unha nena pequena. me muero de ganas de que me biques outra vez. de terte así tan cerca.

vigo, 13 de marzo do 2007.

podiamos enamorarnos. só tiñamos que querer...
;b

29 de agosto de 2007

volve o outono.

hoxe, como cada último día, (re)enamoráchesme. voz de calavera. e ganas de estar pegada a ti sempre. e vaste. como cada final de agosto. como cada 29. e coñecíchesme hoxe máis que calquera día. eu mañá olvidareime. pero soñarei que durmín no teu colo. facéndonos nudos cos brazos.

28 de agosto de 2007

festas na herba

se non estivese desenganchada (e/ou serena)... hoxe sería un día marabilloso.
pero todo me chega tarde.

20 de agosto de 2007

mmmmmmúsicas V

debíao. a última canción. estou segura de que non fala de sexo. pero a min paréceme orgásmica.

nacho vegas - el jardín de la duermevela.

8 de agosto de 2007

parecido a luisa (*)


aí vou vivir eu.
en o.
metidiña nun castiñeiro.



* a de dos anxos e dos mortos, de rey ballesteros.

21 de julho de 2007

filosofía aplicada

sae dunha vez daí dentro. soño contigo... das ganas que che teño. e penso en todo o que non falamos... e sóñoo. e dicía un filósofo (do cal non recordo o nome) que é posible que vivamos tamén nos soños. vivir igual que vivimos na vixilia. e eu penso... estarás ti nese momento tamén soñando comigo? así... falando desas cousas que calamos. en coordenadas espacio-tempo distintas ás nosas camas, surrealistas, preciosas. vivindo xuntos, durmidos a quince quilómetros de distancia. falando. e será posible?

19 de julho de 2007

de noite

sentados na rúa. falamos dese libro sen sentido que lin sen acabar de entender dúas veces. o que che regalei porque estaba soa. e recítasme cachos. e chámasme tonta. despois arreglamos o mundo.

11 de julho de 2007

un rato.

téñolle medo a un rato invisible. estou tan louca que a veces ata me parece que me anda polos hombros... por iso me leva catro horas case xustas durmir. escoito como non anda pola habitación escura. e esperto sobresaltada ás 6.17. non sei por qué... polas mañás non existe.

25 de junho de 2007

verte entre la multitud

non te podo querer. porque non te coñezo. pero estou enamorada da sensación que teño cando estou contigo. espera. teño que respirar outra vez...

25 de maio de 2007

hoy tengo ganas de ti

hoxe podería volver escribir isto. pero desta vez quitaríalle a poesía. ou non. aínda non o sei. e teño tantas ganas... síntome estúpida e pequena. e adoro as esdrúxulas. ridículas. xa o dicía pessoa. xoves. o sentido común chamou á porta... e raquel deixouno entrar. por iso estamos na casa. téñolle medo a esta fin de semana. pánico, diría. e ganas. téñolle ganas. infinitas. quiero en tus manos abiertas buscar mi camino.

ya ves - ismael serrano

ya ves, a veces me canso de ser hombre y también
me agota escuchar que todo va bien,
y ver tristes hombres mirando al sur,
y no existir si no me miras tú.

ya ves, a veces me canso de perderte y saber
que estamos solos y no va a volver
guevara para darme la razón
de no verte tendida en mi colchón.

y mientras tanto,
estrépito de andamios,
pateras y naufragios,
desvelan nuestro sueño.
y mientras tanto,
si hoy se cae la habana,
¿el día de mañana
quién será nuestro dueño?

así yo canto para recordar
que sigues a mi lado,
que aún sueñas despierta porque así
vencemos el cansancio.
así yo canto para recordar
que aún seguimos vivos,
si no ves más allá de tu horizonte
estaremos perdidos.

ya ves, a veces me canso de ser libre, de ser
libre para venderme y caer
muerto donde mi libertad prefiera,
siempre al otro lado de tu frontera.

ya ves, a veces me canso de mí y de no tener
valor para buscarte y cometer
todo delito que este amor exija.
"quieta ahí, tus labios o la vida".

y mientras tanto,
estrépito de andamios,
pateras y naufragios,
desvelan nuestro sueño.
y mientras tanto,
si arde lacandona
si marcos abandona,
¿quién será nuestro dueño?

así yo canto para recordar
que sigues a mi lado,
que aún sueñas despierta porque así
vencemos el cansancio.
así yo canto para recordar
que aún seguimos vivos,
si no ves más allá de tu horizonte
estaremos perdidos.

23 de maio de 2007

apunte

comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo comigo

19 de maio de 2007

eu




pasei tres días en portugal. e descubrín que estou enamorada da intensidade.
con tódolos poros da túa pel... déixame sen respiración. por favor!

9 de maio de 2007

el equilibrio es imposible

estraño ese espacio mínimo que buscamos sempre. ese milímetro escaso que se nos resiste durante uns minutos... antes de que nos sirva calquera excusa para vencelo. para vivirnos as bocas. ese querer noso de ceibarnos as mans e tocarnos... estráñoo todo. e o tempo e a distancia van por libre e vólvense inxustos e crueles.

2 de maio de 2007

30 de abril de 2007

en directo, no puedo parar!

fai un ano atopeite. perdida. entre centos de miles de persoas fun dar contigo. caladiña. sen facer ruido. pero aliviada. e ti falábasme e coidábasme. eu alucinaba e só podía asentir entre todo aquel rebumbio de música e xente. aquela marea humana que me levaba cada vez máis lonxe. ti volvías e rescatábasme. e aínda teño que quedarme contigo.

16 de abril de 2007

mmmmmmmúsicas IV

cóntoche as pestañas.
e ti as vértebras.
e mídesme en dedos...
...e dentes.
e vámonos a portugal...
sen saber da próxima vez.
nin da última.
e o aire...
iván ferreiro - piensa en frío

15 de abril de 2007

a utopía que quixo sacarme a bailar (II)

tardei tres anos en volver bailar contigo. ou tardáchelos ti. quen sabe. e durante dous días ó ano volvo querer plantar tomates. dous días ó ano. só. e sempre son en abril.

8 de abril de 2007

tempo contigo

xa non teño o rizo de martirio. aliseino. e agora estou triste. e teño morriña de todo. dos teus amagos de dicirme algo. e perdemos tanto tempo que non me quero ir.

6 de abril de 2007

28 de março de 2007

si

eu xa elegín. e digo si ós teus rizos. e ós teus dentes perfectos.
e a túa barba que me fai cóxegas. e non me rasca.
b.s.O.: bunbury - si.

20 de março de 2007

agora mesmo

estar aquí,
así,
algo vivo,
contra o mar,
entre autobuses,
doe,
pero menos
que nun acampamento
de refuxiados.

daniel salgado. sucede.

13 de março de 2007

y es que no hay nada como las noches de verano

enamóraste de min. por veces. igual que eu te amo sempre. dos meus ollos rojos pedíndoche lume. queréndote en calma. respirándote. verde co frío no corpo. alucinando. vendo estrelas fugaces á vez. nun coche. sen música. bailo contigo. cógeme la mano, noa. cógeme la mano. con ese acento estranxeiro. flotar. as túas mans. quentes. no meu pelo. na miña cara. nas miñas orellas. nas miñas mans. quentes.

8 de março de 2007

tan fácil como respirar

é a necesidade de sentir que respiras cerca. non me importa. só necesito saber que estás. que podo volver a cabeza e sorrirche. sempre. é pechar os ollos e escoitarte. como falas. enamorarme de ti en cada inspiración. lento. e esa paz que me das ó mirarme...

7 de março de 2007

desahucio

Ángeles malos o buenos,
que no sé,
te arrojaron en mi alma.
Sola,
sin muebles y sin alcobas,
deshabitada.
De rondón, el viento hiere
las paredes,
las más finas, vítreas láminas.
Humedad. Cadenas. Gritos.
Ráfagas.
Te pregunto:
¿cuándo abandonas la casa,
dime,
qué ángeles malos, crueles,
quieren de nuevo alquilarla?
Dímelo.

Rafael Alberti

4 de março de 2007

cenicienta ;b

-qué hora é?
-mmm... as catro....
-qué? teño que irme!
-deixarasme un zapato, polo menos.
-(non, que non bailaches comigo).

3 de março de 2007

compostela

xoves. 1 de marzo. e estamos en santiago! gústame todo de compostela. ata as cousas feas lle quedan ben. e tiven ese impulso que me entra sempre. quedo. non teño ganas. parece que tivera medo de saír. pero había un concerto. e eu tiña que ir. despois de tanto tempo. sempre espero á última oportunidade para facer algo. e á mañá seguinte espertar cada hora por non perder o tren... ese que ó final non collín. (non é unha metáfora ;b). e descubrir a destempo que me falta todo. que son un desastre. que non paro de perder cousas. que vivo nunha nube. e que chove moito para andar por aí en olestar...

27 de fevereiro de 2007

días azules

foi luns. e non choveu. nin pola noite.
fixen cariocas despois de dous mil anos.
na area.
unha percepción distinta.
como esa sensación de saberte xa.
a gominolas psicotrópicas.
desas con moito pica pica.
;b

23 de fevereiro de 2007

eco

estas aí. como o punto ó final das frases. sempre. apareces de pronto. saes do vacío onde te agochas. e paras un pouquiño. só o xusto e necesario para que eu te recorde. pum! e vaste. e a min quédame o teu eco...
...namáis.

17 de fevereiro de 2007

14 de fevereiro de 2007

4 de fevereiro de 2007

antroido'07 (I)

este ano elexiron o tema da tolemia para unha especie de invitación escrita no tríptico anual do antroidode salcedo (que é onde vivo eu)...
(para que non forcedes a vista vouno copiar aquí eu ;b)

"semella que todo o ano xira ó redor do entroido. acaba un ano e xa todo o mundo, unha vez superada a resaca, o cansazo e a moviola das mellores xogadas, empeza a pensar no que vai facer o ano seguinte.
e nesas estamos, preparados para volvernos loucos unha vez máis. desexando quitarnos a carauta da realidade, para deixarnos levar só pola ledicia de gozar a esgalla entre todos e con todos.
todo o mundo, grandes, pequenos, vellos e nenos a gozar. todo o pobo a armala gorda. canto máis vellos, máis parecen abandonarse nesta loucura de carnaval.
loucura divina esta que se apodera de todos nós, que nos fai revivir a uns e retornar a outros tempos a outros. e a todos, veciños, desprazados e visitantes nos fai sentir ben.
o oso pódete lixar, pódete facer chorar; pero, en canto o vexas, desexarás que te collan os criados e te leven xunto a el. as madamas deixarán que as contemples bailar cos danztantes. os disfraces de campo farán que te rías a rabiar. e o teatro popular conseguirá engancharte.
no entroido non hai forasteiros nin veciños. hai, soamente, disfraces e público en xeral. cada un decide como xogar a este xogo. dá igual de onde sexas, só importa como queiras participar. esa é a grandeza do entroido de Salcedo.

ven e vólvete louc@ coma nós."

recoñezo que está moi adornado. pero eu vivo o antroido así. coma unha tolemia conxunta que o envolve todo. e non importa nada. eses días xa irei contando (se é que teño tempo).


p.d.: a ver se pouco a pouco vou traendo tódolos meus posts (que son coma fillos) dende bitácoras ;b

16 de janeiro de 2007

días e días

se eu fose un día sería 17 de abril...
(...ou luns de carnaval).
para min sempre serás 1 de maio...
(...ou domingo de resaca).

10 de janeiro de 2007

9 de janeiro de 2007

a utopía que quixo sacarme a bailar

unha vez, durante case un ano, soñei que iba vivir nunha casa de pedra que ten as ventás vermellas e unha torre pequena con cristaleira. eu iría sempre vestida con falda e chaqueta de lá. e el (co seu nariz perfecto) levaría pantalóns de pana. plantariamos tomates nunha horta ó lado da casa e oiriamos sempre o ruido do río ó outro lado do lameiro. todo verde. e teriamos unha habitación con millóns de libros. pero descubrín que el non lía e que viviamos no século XXI.

2 de janeiro de 2007