28 de março de 2007

si

eu xa elegín. e digo si ós teus rizos. e ós teus dentes perfectos.
e a túa barba que me fai cóxegas. e non me rasca.
b.s.O.: bunbury - si.

20 de março de 2007

agora mesmo

estar aquí,
así,
algo vivo,
contra o mar,
entre autobuses,
doe,
pero menos
que nun acampamento
de refuxiados.

daniel salgado. sucede.

13 de março de 2007

y es que no hay nada como las noches de verano

enamóraste de min. por veces. igual que eu te amo sempre. dos meus ollos rojos pedíndoche lume. queréndote en calma. respirándote. verde co frío no corpo. alucinando. vendo estrelas fugaces á vez. nun coche. sen música. bailo contigo. cógeme la mano, noa. cógeme la mano. con ese acento estranxeiro. flotar. as túas mans. quentes. no meu pelo. na miña cara. nas miñas orellas. nas miñas mans. quentes.

8 de março de 2007

tan fácil como respirar

é a necesidade de sentir que respiras cerca. non me importa. só necesito saber que estás. que podo volver a cabeza e sorrirche. sempre. é pechar os ollos e escoitarte. como falas. enamorarme de ti en cada inspiración. lento. e esa paz que me das ó mirarme...

7 de março de 2007

desahucio

Ángeles malos o buenos,
que no sé,
te arrojaron en mi alma.
Sola,
sin muebles y sin alcobas,
deshabitada.
De rondón, el viento hiere
las paredes,
las más finas, vítreas láminas.
Humedad. Cadenas. Gritos.
Ráfagas.
Te pregunto:
¿cuándo abandonas la casa,
dime,
qué ángeles malos, crueles,
quieren de nuevo alquilarla?
Dímelo.

Rafael Alberti

4 de março de 2007

cenicienta ;b

-qué hora é?
-mmm... as catro....
-qué? teño que irme!
-deixarasme un zapato, polo menos.
-(non, que non bailaches comigo).

3 de março de 2007

compostela

xoves. 1 de marzo. e estamos en santiago! gústame todo de compostela. ata as cousas feas lle quedan ben. e tiven ese impulso que me entra sempre. quedo. non teño ganas. parece que tivera medo de saír. pero había un concerto. e eu tiña que ir. despois de tanto tempo. sempre espero á última oportunidade para facer algo. e á mañá seguinte espertar cada hora por non perder o tren... ese que ó final non collín. (non é unha metáfora ;b). e descubrir a destempo que me falta todo. que son un desastre. que non paro de perder cousas. que vivo nunha nube. e que chove moito para andar por aí en olestar...