16 de fevereiro de 2005

grazas

é difícil estar soa... e faise aínda máis difícil cando acabas de ver películas como Amélie ou La fortuna de vivir... que che fan pensar qué bonito sería o mundo se tódalas persoas [incluída ti mesma] fosen coma os protagonistas... e claro, déixante toda unha semana imaxinando utopías... e de pronto volves á realidade empurrada por alguén que di: "una faldita blanca con una camisetita así verde... ai, y te queda un conjunto monísimo".e despois de non saber qué facer para intentar cambiar un pouquiño, aínda que só sexa en pequenos detalles, decides que é hora de saír un rato, airearte, e ir até un ciber mirar se se acordaron de ti. e de pronto... danche un ordenador na sala de non fumadores... e pensas... merda!, pero acórdome de Anxo coas súas caras... e de Termi con esa foto... e xa non che importa tanto.e miras... e daste conta de que vai ser certo que si que hai xente que merece a pena... [xa o sabía, pero é que hai veces que se me olvida] e ves unha felicitación de cumpreanos incrible [aínda que sexa dous meses atrasada... graZas...], as respostas máis orixinais que vin na miña vida, un comment dicindo que hai ganas de verme e outro falando de soños que non son soños [aínda que si que o son]... até un sms da miña irmá dicíndome que me quere moito... e eu penso "que máis se pode pedir?"... pois un baile...

quero que outra utopía
me saque a bailar
que me leve
e me maree.
que faga silencio no rebumbio
dunha noite de festa
que me poña o sombreiro da tolemia
e me agarre forte
que me dea voltasat
é que non saiba onde estou
e que me cante
[salcedo, 7 de febreiro do 2005, con arreglos do 14 de febreiro (o 7 estaba moi mal físicamente... era Carnaval xDD)]

quero dedicarllo a tódolos que me fan feliz... que non son moitos, pero son moi bos ;b

Sem comentários: