Mostrar mensagens com a etiqueta verde. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta verde. Mostrar todas as mensagens

8 de outubro de 2005

impotencia

cuidado con la tristeza. es un vicio.* [g. flaubert]

teño unha crise creativa porque a miña mente está estancada. non hai nada que a estimule. unha película á semana non é suficiente. estou saturada de tantas cousas...
iván ferreiro... as ferreiro... faime gracia. a xente perde os papeles cando ten diante a alguén así [non o sei explicar]... igual é que para min iván ferreiro é algo raro... é como se fose martín [o de salcedo]... váiseme a olla...
non teño música. non escoito música en viGo... así é imposible ata soñar... [se non podo nin soñar, como vou poder escribir?]
é desesperante estar así...
[non o podo crer... estoume autocensurando... isto é tremendo!!]

ás veces ole a mar na Gran Vía... e acórdome de ti. non debería, porque eu nunca vin o mar ó teu lado... en fin... non debería acordarme de ti tan a miúdo, que me está perxudicando a saúde mental... [sentimentalmenteperturbada]...
teño algo parecido a desesperación/rabia dentro do corpo... creo que é de non fumar... :S. nOn. é de impotencia... si. é de impotencia. seguro. é porque non podo evitar que non me saian as palabras desordenadas, non podo escaparme tan lonxe porque non teño como, e non podo nin sacudirnos la distancia y poder burlar al tiempo... e tengo tanto miedo de que olvides el camino de regreso... [é verdade... a tristeza é un viCio].

b.s.O.: Quique González - Salitre 48/rOmpeolas/La ciudad del vientO.


[ó final tódolos camiños levan a rOma... ah! agora que me acordo... quería dicir públicamente que eu tamén quería escribir subversiÓns, pero a miña cabeza só sabe poetizar-te]

20 de setembro de 2005

paz e tranQuilidade...
só
paZ e tranquilidade...



[pensaba que non era tanto pedir, pero vexo que si]



de tÓdalas formas que hai de
facer/dicir/preguntar/pedir
sempre escolles a peor de todas
a única que sempre me poñerá dos nervios.


menos mal que só te verei mañá.

12 de setembro de 2005

un só

vístete de verde
para desexarte aínda máis.
achégate...
que aínda che vexo
os dous ollos.



[basado nun fragmento de Rayuela, de Julio Cortázar]

10 de setembro de 2005

os ollos

fíome de ti.
e en ti...
perdo o sentido
cando non te oio cantar.
chove. [está chovendo!].
e non te escoito.
intento fiarche palabras...
regalarchas.
quedar muda
e falarche só cos ollos...
téñoos cheos de frases.
[ainda q non cho dixera nunca]


[hai frases que son adaptadas doutros poemas que andan nalgunha libreta por aí... así q probablemente as volvades ler ;b]

7 de setembro de 2005

infinito (?)

non durmo tanto.
porque prefiro soñar...
e escribirche...
e pensarnos...
porque
amarte non ten fin...
[de momento]

28 de agosto de 2005

fraxilidade

síntome tan fráxil
que me romperías
con só mirarme...
algún día
[cando sexamos grandes]
explicareiche por que
me resulta tan duro... soñar.
por que te busco nos espellos.

27 de agosto de 2005

silêncios

non me dóe o teu silencio...
nÓn.
prefiro pensar na ausência
e mirar no vacío cheo de recOrdos
e soños de unha noite de verán...
non me dOe o teu silêncio
aínda que penses o contrario.
non me doe, porque ti non me does.
nOn.
hoxe non...
porque prefiro sorrir chorando
mentres vexo estrélas e mans que respiran no meu pelo.
porque prefirO ser feliz sen a túa voz
que afogarme en palabras que me atormentan.
[atormentaron, atormentarán, atormentarían...]

b.s.O.: Piratas - Muertos.

23 de agosto de 2005

despedida no paraíso

foi... e non quería... pero pasou...
e aínda estamos, pero xa non será o mesmo...
canto vos/te vou estrañar...
qué frío se me vai facer o inverno
recordando soños en noites de verán...
non tardes/des moito en vir...

b.s.O.:: The doors - The end.

11 de agosto de 2005

tódalas noites

igual non o sabes...
pero imos da man en estrelas fugaces...

non podo perderte de vista... non quero afogarme en olor a mar...
pero estou tranquila... teño salvavidas...

non podo olvidar que a próxima vez que te vexa igual non me recoñeces... eu a ti si. é imposible olvidar a túa boca...

non sei que anxo te mandou á miña vida... pero estareille eternamente agradecida...

só quero seguir contando estrelas... abrazada a ti... tódalas noites...

b.s.O. :: yo no sé que tiene tu boquita que me vuelve loca, que me vuelve loca... [poñédelle música... :D]

2 de agosto de 2005

ieah!

estou enamorada.
estou enamorada?
estou enamorada!

b.s.O. :: Stand by me no acústico de piñO

27 de julho de 2005

voando

teño os pés na terra? non. voo nunha nube multicolor.
e volveu chover. volve chover!
chove, chove, chove, chove...
e mollámonos hoxe!
fai tanto tempo que aparquei a miña cordura
que xa non sei onde a deixei.
pero como disque dixo Lupe Gómez:
a tolemia non é perder o sentido, é atopar outros.
[gracias susie ;b]

b.s.O.: Smashin pumpkins - Disarm

12 de junho de 2005

diario de onceañera

hoxe á tarde, en vez de estudiar literatura, ou galego, ou calquera cousa... atopei un diario de cando tiña once anos... aquela época dourada da miña vida na que era madridista, escoitaba os BackStreet Boys, escribía en castelán, me gustaban os "chicos" de media melena rubia, ollos azuis e caras de nena... suspiraba por Raúl [o do madrí] e quería ser unha Spice Girl liada cun BackStreet Boy... e eu que pensaba que daquela xa tiña quince anos... pero non, equivoqueime, ós quince anos quería ser esa rapaza rubia, de ollos azuis e con cara de anxo que namorase perdidamente ó rebelde con bo corazón da súa clase e lle fixese entrar en razón... até que non sei como nin por qué comecei un xiro que creo que me levou até o que son hoxe...

agora mesmo prefiro non analizarme... non sei se cando teña 29 anos me fará tanta gracia o meu diario de "veinteañera"... e non sei qué prefiro...

bicOs, chê! ;b

24 de maio de 2005

o ceo é inferno

Había unha vez unha meniña que vivía nun paraíso pequeno e verde, pero un tanto triste. A melancolía da paisaxe non impedía que a meniña soñara con pazos de pedra e madeira, un tanto pequenos, pero cheos de historias inventadas. Ás tardes saía pasear cerca do río que, á sombra das árbores, quedara verde tamén. As flores que saían á beira dos camiños saúdabana sorrindo ó vela pasar. As rochas fixéranlle, garimosas, unha cadeira de pedra no alto do monte e ela, agradecida, admiraba dende alí o esplendor daquela postal de ensoño e prometíase que iría até alí sempre que precisase respirar liberdade, cando o pó negro e a nube gris intentasen afogala.

Unha mañá espertou suorosa por un mal soño que non podía lembrar e pensou que camiñaría por corredoiras embruxadas até o seu verde refuxio e alí, calmada, volvería imaxinar pazos de pedra e madeira cheos de historias inventadas conseguindo librarse dese mal que non a deixaba erguerse. Pero xa nada estaba no seu sitio cando chegou. Xa non quedaba nin unha flor, nin unha soa árbore e o río, só, tornara as augas grises de pena. E, entón, lembrou o mal soño: o inferno erguera as súas chamas sobre a súa terra, o lume saboreaba cada parte do paraíso sen deixar nin os ósos e os homes, desesperados, tentaban sen éxito salvar algún recuncho celestial. E o pesadelo foi real, e ela sentiu que nunca volvería respirar.

22 de maio de 2005

espellos

nOn sei o que querO.... ....Oreuq euq o ies nOn
mirar Un espellO... ...Ollepse nU rarim
e qUe todO seXa ó revéS... ...Sèver ò aXes Odot eUq e
querO aire verDe... ...eDrev eria Oreuq
vémonOs no ríO... ...Oìr on sOnomèv
cando todo chegue ó final... ...lanif ò eugehc odot odnac
esta lOnga noite de pedra... ...ardep ed etion agnOl atse
torne en estreLas vermeLlas... ...salLemrev saLertes ne enrot
baiLando... ...odnaLiab
e berrando... ...odnarreb e
vémonos... ...sonomèv
cando xa nOn poida aturalo máis... ...siàm olaruta adiop nOn ax odnac
ven... ...nev

6 de maio de 2005

necesito escribir un poema

cada tres meses e un día
necesito
escribir un poema
como se necesita un orgasmo
como se necesita chorar a vida
ese día
despois de cada tres meses
pronúnciome agudo en sílabas sabias
que me van descifrando a pel
nas palabras
e a miña memoria impregna e preña
para sempre
outro trimestre infecundo.
fran alonso. subversións.

3 de abril de 2005

quiero correr en libertad...

liberdade verde. un coche branco. unha botella de licor café. e toda a eternidade por diante. sen ter que atarme. unha guitarra tola. un río dende o que non se ve civilización algunha. moitos castiñeiros ó redor. o sol que queima. e unha brisa que me devolve a vida.

quero fugarme contigo... ;b

8 de março de 2005

hoxe teño medo

teño medo a enfrontarme á realidade.
medo a quedarme soa, a que me olviden, a que só me recorden a medias. a non verte nunca máis.
a non saber que dicir, a mirarte, a poñerme nerviosa só con verte.
a non sero o que quixen e ser o que todo o mundo espera. medo a non ser o que todo o mundo espera e ser o que eu quixen.
medo a non dar feito, a ser mala ou boa demáis.
teño medo a soñar e espertar e ver que nada é como eu quero. medo a medrar.
teño medo a non atoparme, a esquecer o que son, a non gustar, a non saber o que penso. medo a cambiar para peor.
teño medo a non saber escribir, a non poder dicir o que penso, a abrir os ollos e que me cegue todo o que me resito a ver.
teño medo a deixar de ser feliz por cousas que perden o sentido se se explican. teño medo a deixar de ter ilusións.
teño "medo que dá medo do medo que dá" [pedro guerra]

miedo de volver a los infiernos, miedo a que me tengas miedo, a tenerte que olvidar... miedo de quererte sin quererlo, de encontrarte de repente, de no verte nunca más... [m-clan]

24 de fevereiro de 2005

soa

sei que hoxe vou chegar á casa e só vou ter ganas de escoitar a Ismael... de ver algunha película q me faga chorar e de intentar resolver millóns de dudas que me comen a cabeza cada día... De soñar esperta con miles de futuros e presentes que quero vivir, pero que non dependen só de min... e tamén sei que non vou poder... non me van deixar... porque non me entenden... e estráñote... tódalas noites me apetece falar contigo... coma antes... coma ese pasado co que tamén soño esperta e que parece que non vai voltar... e eu non quero... non quero que pases pola rúa e teña que saúdarte coma a un estraño... cando desexaría saltarche os brazos... [sei que todo o mundo vai pensar o que non é, pero xa non me importa]

en fin, a pesar de que é moi difícil, hoxe teño ganas de estar soa... soa comigo, teño que aclararme, pensar que é o que quero e como o quero... pensar que é o que teño que facer e como o vou conseguir... e teño ganas de soñar... soñar moito... contigo, comigo, con el, con ela... con todos... [e non quero que me berres, nin que intentes que eu o pase ben cando non quero pasalo ben...]

anxo, eu a veces preciso tristeza... para desafogar...

4 de fevereiro de 2005

utopia

non son o que quero ser
moito menos o que quixen.
soños.
pérdome nas nubes...
e nas augas que me levan
sen eu sabelo...
sen facer forza...
porque non sei que me levan...
e que quero ser?
(un soño)
NaDa

[a Anxo, Termi, Rover e Sandra porque me abren os ollos ante unha realidade que me gustaría non ver (pero si quero vela) e porque conseguen que aflore o meu ente filosófico-sentimental, ainda que sexa en silencio, e porque me sacan dunha rutina que me agobia facéndome rir a esgalla... supoño que subirei máis... ;b]