12 de junho de 2005

diario de onceañera

hoxe á tarde, en vez de estudiar literatura, ou galego, ou calquera cousa... atopei un diario de cando tiña once anos... aquela época dourada da miña vida na que era madridista, escoitaba os BackStreet Boys, escribía en castelán, me gustaban os "chicos" de media melena rubia, ollos azuis e caras de nena... suspiraba por Raúl [o do madrí] e quería ser unha Spice Girl liada cun BackStreet Boy... e eu que pensaba que daquela xa tiña quince anos... pero non, equivoqueime, ós quince anos quería ser esa rapaza rubia, de ollos azuis e con cara de anxo que namorase perdidamente ó rebelde con bo corazón da súa clase e lle fixese entrar en razón... até que non sei como nin por qué comecei un xiro que creo que me levou até o que son hoxe...

agora mesmo prefiro non analizarme... non sei se cando teña 29 anos me fará tanta gracia o meu diario de "veinteañera"... e non sei qué prefiro...

bicOs, chê! ;b

3 de junho de 2005

2 de junho de 2005

e na túa cabeza eu non son nada

non te recordarei. nunca. e non é porque non queira. é porque te vas. e olvidareime de ti. outra vez a memoria xogarame unha mala pasada. e xa non pensarei en ti. e ti nunca saberás que soñei contigo moito antes de verte a primeira vez. e buscareite sen sabelo por tódolos sitios. sen acordarme de que xa te atopei. e marchas sen dicir nada. igual que apareciches. e nunca máis te verei. nin te mirarei. nin tropezarei contigo. perderaste para sempre. e sempre é tanto tempo que non o dou asimilado

24 de maio de 2005

o ceo é inferno

Había unha vez unha meniña que vivía nun paraíso pequeno e verde, pero un tanto triste. A melancolía da paisaxe non impedía que a meniña soñara con pazos de pedra e madeira, un tanto pequenos, pero cheos de historias inventadas. Ás tardes saía pasear cerca do río que, á sombra das árbores, quedara verde tamén. As flores que saían á beira dos camiños saúdabana sorrindo ó vela pasar. As rochas fixéranlle, garimosas, unha cadeira de pedra no alto do monte e ela, agradecida, admiraba dende alí o esplendor daquela postal de ensoño e prometíase que iría até alí sempre que precisase respirar liberdade, cando o pó negro e a nube gris intentasen afogala.

Unha mañá espertou suorosa por un mal soño que non podía lembrar e pensou que camiñaría por corredoiras embruxadas até o seu verde refuxio e alí, calmada, volvería imaxinar pazos de pedra e madeira cheos de historias inventadas conseguindo librarse dese mal que non a deixaba erguerse. Pero xa nada estaba no seu sitio cando chegou. Xa non quedaba nin unha flor, nin unha soa árbore e o río, só, tornara as augas grises de pena. E, entón, lembrou o mal soño: o inferno erguera as súas chamas sobre a súa terra, o lume saboreaba cada parte do paraíso sen deixar nin os ósos e os homes, desesperados, tentaban sen éxito salvar algún recuncho celestial. E o pesadelo foi real, e ela sentiu que nunca volvería respirar.

22 de maio de 2005

espellos

nOn sei o que querO.... ....Oreuq euq o ies nOn
mirar Un espellO... ...Ollepse nU rarim
e qUe todO seXa ó revéS... ...Sèver ò aXes Odot eUq e
querO aire verDe... ...eDrev eria Oreuq
vémonOs no ríO... ...Oìr on sOnomèv
cando todo chegue ó final... ...lanif ò eugehc odot odnac
esta lOnga noite de pedra... ...ardep ed etion agnOl atse
torne en estreLas vermeLlas... ...salLemrev saLertes ne enrot
baiLando... ...odnaLiab
e berrando... ...odnarreb e
vémonos... ...sonomèv
cando xa nOn poida aturalo máis... ...siàm olaruta adiop nOn ax odnac
ven... ...nev

6 de maio de 2005

necesito escribir un poema

cada tres meses e un día
necesito
escribir un poema
como se necesita un orgasmo
como se necesita chorar a vida
ese día
despois de cada tres meses
pronúnciome agudo en sílabas sabias
que me van descifrando a pel
nas palabras
e a miña memoria impregna e preña
para sempre
outro trimestre infecundo.
fran alonso. subversións.

23 de abril de 2005

improvisación

luZ aZul.*
verDe...
que me presiona.
un guiño dende lonxe.
moi lonxe.
tanto, que non te vexo.
nunca...
nin sequera cando durmo.
querO que te quedes.
para sempre.
que non me deixes...
nunca máis.
sOa.

*[gonzalo navaza, A torre da derrotA; aínda que non sei moi ben se se me ocurriu a min sen querer ou o subconsciente me traizoou e llo copiei directamente... ]

3 de abril de 2005

quiero correr en libertad...

liberdade verde. un coche branco. unha botella de licor café. e toda a eternidade por diante. sen ter que atarme. unha guitarra tola. un río dende o que non se ve civilización algunha. moitos castiñeiros ó redor. o sol que queima. e unha brisa que me devolve a vida.

quero fugarme contigo... ;b

28 de março de 2005

salvame

porque estou a punto de rebentar. xa non podo máis. e non consigo saber qué me pasa. pero necesítote cerca. cada día máis... a ti? non o teño moi claro. cada día que pasa teño máis dúbidas. e teño tremenda telaraña neuronal que non sei nin de qué dubido, nin por qué choro, nin qué teño, nin qué quero, nin a quen quero... non teño nin puta idea de nada. e pídoche a ti que me salves... a ti! ten narices... que non sabes quen son, nin que penso, pero que me encendiches unha vela no medio de tanta oscuridade. unha vela que se consumirá, si, pero que está aí... acesa aínda... con rachas de vento que a queren apagar, pero aí segue, encendida... alumándome con altibaixos...
igual si que sei qué me pasa... pasa que estou até as narices dalgunha xente que vai de lista... e de recordar cancións que só eu escoitei, de vivir perdida entre abril e novembro... de quererte sin quererlo... a ti...
aínda así... necesítoo... sáLvamE... ou dame mi alma y déjame en paz!